Argumento de Eladio Rodríguez. Poeta, Xornalista e Lexicógrafo
Homenaxeado nas Letras Galegas 2001, o nome de Eladio Rodríguez está historicamente vinculado ao dicionario galego da súa autoría. Esta biografía vai máis alá e descobre unha personalidade complexa, un home amante de Galicia, poeta de raizame, xornalista do seu tempo e activista social, colaborador das institucións que defendían a identidade do país, como a Liga Gallega, a Irmandade da Fala ou a Real Academia Galega.0