Co Edipo tentamos crear un personaxe que resultase ser un anti-Franco, o tirano cruel e omnipotente que estabamos a padecer. Un Edipo que fose, máis que un rei ou un brinquedo do Destino e da Fatalidade, un home bo, xeneroso, incon¬movíbel nos seus principios éticos: o xefe humanísimo que endexamais atraizoa ou atraizoará a súa xente, cumpridor do seu deber ata as derradeiras consecuencias, disposto a sacrificar a vida polos seus ideais se preciso for. De Antígona quixemos facer un prototipo de muller forte, valente, filla exemplar e heroica, tra¬sunto das galegas nais, donas, fillas de emigrantes -e non só- que tan insuperábel e esforzado cometido desempeñaron todo ao longo da historia do noso pobo.