Argumento de Donosiña. Drama en Tres Autos e Un Prólogo
Donosiña, drama en tres autos e un prólogo, de Xaime Quintanilla, estreouse no Teatro Xofre de Ferrol, o día 7 de abril de 1920, dirixido e interpretado, no papel principal polo seu autor. Esta obra, que permanecía inédita, é única no teatro galego de preguerra tanto polo tema como polo seu tratamento. Foi seleccionada polo Conservatorio Nacional de Arte Galega para ser levada a escena, mais esta escolla fixo emerxeren as profundas discrepancias que, a respecto do feito dramático, existían entre os homes das Irmandades, precipitando a desaparición de Conservatorio.0