Argumento de Do Tardogótico ó Manierismo: Galicia e Portugal
Nace esta obra no marco do convenio de colaboración cultural que en maio de 1990 suscribiron en Pontevedra as Fundacións "Pedro Barrié de la Maza" e "Calouste Gulbenkian". Supón un hito na historiografía artística de Galicia e Portugal, toda vez que é a primeira vez que se aborda con carácter monográfico o tema que se recolle no título, e foi concebido como complemento da exposición do mesmo título auspiciada por ambalas dúas institucións. Unha das etapas privilexiadas no contacto entre as terras situadas ó norte e ó sur do Miño, é a que transcorre entre o final da Idade Media e o comezo da Moderna, para ser máis precisos cronolóxicamente, entre os anos centrais do século XIV o os iniciais do XVII. Ese é xustamente o periodo, largo, fecundo e brillante, que desde o punto de vista reseñado, se analiza neste libro.0