Libros > Novedades > (Dis)cursos da escrita
Portada de (dis)cursos Da Escrita

(dis)cursos Da Escrita

Autores:
Categoría:Otros
ISBN: 9788495892249
Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa nos ofrece (dis)cursos Da Escrita en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Enero del 2004. Disfruta del placer de la lectura con esta novedad, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 776 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de (dis)cursos Da Escrita

Esta obra colectiva, que titulamos (Dis)cursos da escrita, é unha viaxe ao longo da historia da lingua galega, con trinta e unha paradas escolmadas polos autores desta monza de traballos. O libro está dedicado a Fernando R. Tato Plaza (1962-2000), profesor de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador no Instituto da Lingua Galega, e reúne un nutrido grupo de coñecidos investigadores entre os compañeiros e amigos que partillaron con el moitas preocupacións e moitas arelas, incluso máis alá das estritamente filolóxicas. O percurso comprende todas as épocas, desde toda a amplitude do arco medieval, pasando polos séculos escuros aos inicios do rexurdimento no séc. XIX, e chega ata a máis estrita contemporaneidade.
A maior parte dos traballos afonda na historia da escrita do galego, ben revisitando problemas ecdóticos ou de xénese textual, ben presentando novos textos inéditos, ben revisando lecturas, datacións, autorías..., ou ben propoñendo traballos puntuais sobre aspectos gramaticais da lingua antiga. Unha parte importante ocúpana os capítulos de onomástica, tanto antroponímica coma toponímica, co foco posto en distintos momentos da nosa historia, desde o trazado das vías romanas aos nosos días. Outros, finalmente, detéñense na presencia do galego en ámbitos de uso que non lle viñan sendo propios ou na variación lingüística interna. Péchase a obra cunha guía completísima de fontes para o estudo do galego medieval, da que é coautor o homenaxeado e que seguía inédita.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso