Argumento de Dióxenes
Dióxenes ten un afección: coleccionar cousas. Que cousas? De todo tipo. Atópaas, recólleas e lévaas para a casa. Sucede que Dióxenes vive cos seus pais, a súa irmá, o seu irmán pequeno e os seus avós, e todos eles coleccionan cousas: todo tipo de cousas. Non vos podedes imaxinar o chea que está aquela casa. Por se iso fose pouco, Dióxenes ten un tío solteiro que tamén é coleccionista, e con frecuencia ven de visita coa súa colección de? ... cartas de amor. ?Dióxenes? é unha micronovela exenta de pedagoxía e boas intencións, feita de anaquiños que se entrelazan, se mesturan e, entre humor absurdo e afecto, levan o lector a un tráxico final.0