Argumento de Diario Dun Pai Acabado de Nacer
O xornalista Henrique Alvarellos comezou este diario íntimo no mesmo intre de saber que ía ser pai. Aquí están as risas, os acenos, as anécdotas, as experiencias e mesmo «as medras» do novo ser, do cambio radical na vida de quen afronta a pater-nidade. A súa intención era tamén ir reflexionando sobre o papel do pai, esa función que ninguén adoita tratar, deténdose exclusivamente no intransferible labor da nai. Pois ben, aquí, un pai. O pai en primeiro plano, coprotagonista desde os primeiros días da vida do fillo. Durante cinco anos o autor viu medrar o seu fillo e gozou con el, que pasou de bebé a neno. Pero nestes cinco anos foi tamén o tempo en que, inesperadamente, o autor perdeu a seu pai. O resultado desa sacudida, desa contusión son as páxinas deste Diario dun pai acabado de nacer. Páxinas iniciáticas que envolven grandes momentos de ledicia, de ilusión e futuro; a carón dos momentos de desesperanza, de confusión e de dor.0