Libros > Deseño en formación ocupacional e inserción laboral
Portada de Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral

Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral

Autor:Sarceda Gorgoso, María del Carmen;
Categoría:
ISBN: 9788481583830
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo nos ofrece Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de 00 del 2008. Este libro cuenta con un total de 260 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral

No segundo capítulo a atención céntrase na formación profesional inicial con referencia aos niveis de cualificación, aos antecedentes e á situación actual. Dende unha concepción do sistema de formación profesional como un conxunto integrado por diferentes subsistemas interrelacionados e interdependentes que teñen como obxectivo a cualificación profesional, vólvese a vista atrás e faise un percorrido sobre como foi evolucionando o sistema educativo con relación ás ensinanzas profesionais dende a Lei xeral de educación do ano 1970 ata a situación máis actual derivada da Lei de educación do pasado ano 2006. Coa reforma destas ensinanzas, a formación para o traballo vai tomando un forte pulo e van organizándose distintos niveis acordes cos niveis de cualificación contemplados a nivel europeo.

Os subsistemas de formación ocupacional e continua son obxecto do terceiro capítulo. Partindo da situación actual considerada no Acordo Profesional para o Emprego que marca como obxectivo a confluencia dos subsistemas de formación ocupacional e continua, faise unha análise das primeiras tentativas de integración da formación para o traballo. Xunto a isto, préstase especial atención ás iniciativas e aos programas actuais de formación e emprego e que se dirixen cara a un dobre obxectivo: mellorar as competencias profesionais e favorecer a inserción laboral. O cuarto capítulo aborda especificamente o deseño en formación ocupacional. Partindo da relación entre formación e emprego e na esixencia realizada dende a planificación de programas de formación da obriga de tomar as necesidades como punto de arranque de calquera proposta de deseño en formación, o eixe sobre o que se asenta este capítulo sitúase na análise de necesidades, adquirindo especial relevancia a conceptualización, tipos, modelos de avaliación e metodoloxía para a detección de necesidades. O quinto capítulo aborda un tema tan complexo como o da inserción laboral. Nel faise referencia a programas destinados a incrementar o autoemprego nunha dobre dimensión: económica e a nivel de xestión. Tamén se fai unha análise do Servizo Galego de Colocación, e da iniciativa Europass.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso