Argumento de De Camiños,viaxeiros e Camiñantes (xv Premio Ramon Piñeiro)
E xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. En De camiños, viaxeiros e camiñantes, Santiago Lamas e Alfonso Mato desenvolven unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literariso, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar. Desde a actualidade, o libro dialoga coa Galicia de inicios do século XX mediante un estilo aberto e rico, seguindo o ronsel do ensaio e da digresión que descubriu e practicou con singular brillantez Michel de Montaigne.0