Argumento de Contrapicados
Trátase dunha novela coral na que se cruzan personaxes dispares observados desde un igualador ángulo límite.A cama é un obxecto que gaña co claroscuro. Os pacientes dun hospital saben que a intimidade se desprende ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van nacendo moitas emocións lentas e algunha que outra vertixinosa.Un ataque de indignación e imbecilidade pode chegar a consumir trescentas calorías.A pituitaria e a amígdala son dúas grandes descoñecidas. O frío é branco porque as sinestesias suceden; ademais, non é verdade que a auga sexa insípida: sabe a sede. E por suposto, hai partes do corpo que nin sequera sospeitamos que existen.Os personaxes masculinos olen a carballo rebolo; os femininos, a figueiras novas e a tinta roubada. A cámara enfoca os seus rostros e convérteos en personaxes contrapicados, secundarios ou relevantes, imperfectos ou sublimes, pequenos cameos que saen ao paso dun narrador omnisciente e irresponsable que abandona as súas funcións. A súa memoria é unha ollada impresionista que, con pinceladas breves, nos recorda que calquera tempo pasado foi moi mellorable.http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=8406&idioma=gl&sec=320