Argumento de Contos, Lerias e Rexoubas
Contos lerias e rexoubas é un libro no que o autor trata de reflectir moitas das supersticións que escoitou durante a súa nenez a persoas da xeración das súas avoas e bisavoas do medio rural galego, convencido de que, unicamente escribíndoas chegan ás xeracións vindeiras. Mais non é unha historia de contos nin de feitos concretos, senón pequenas fábulas inventadas polo autor que o fai apoiándose naquelas crenzas ancestrais. Tamén o escribiu co fin de ampliar os horizontes da vida, gozar coa súa narración - revivindo momentos da súa infancia- e intentar entreter aos lectores que desexen camiñar, algúns intres, polo mundo surrealista e fantástico dos nosos devanceiros, que impregna a maioría destes contos. Ó mesmo tempo é unha homenaxe sentida e amorosa ás aldeas doentes de Galicia, que están a punto de morrer, e á memoria de todo o delas xa falecido.0