Argumento de Contos de Grimm
Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada Teoría do final feliz e remata cun emotivo Lembranzas dos irmáns Grimm, escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, O lobo e os sete cabritos e Os músicos de Bremen. Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de Nabiña e Os mensaxeiros da morte. Silvia Blanco de O fiel Xoán e Os mensaxeiros da morte. Tino Gatagán de Hänsel e Gretel e Brancaneves. Javier Zabala de O pescador e a súa muller e A viaxe de Polgariño. Pablo Díaz de O xastriño valente e Brancaneves e Rosavermella. Miguel Calatayud de A Cincenta e O paxaro de ouro. Jesús Gabán de Carapuchiña Vermella e A Bela Dormente. Federico Delicado de Os seis cisnes e A raíña das abellas. Por último, María Jesús Santos de Polgariño e A laverca cantareira e saltareira. Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado ...0