Co paso do tempo, o título perdeu o seu significado material na mesma medida en que o diñeiro perdeu valor. Hai corenta anos, o valor material dos dez reás era bastante importante na nosa economía cotiá. Por dez reás podíase mercar un bo libro, ou podíase xantar ben, ou podíanse facer outras cousas equivalentes.