Argumento de Ceiba de Luz
O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.
En " Ceiba de Luz " Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga, onde a evolución psicolóxica dos personaxes se respira nuns diálogos tan vivos como abafante se volve o ambiente vizosamente descrito da selva amazónica. Unha novela onde a natureza virxe e as tradicións e culturas ancestrais, verdadeiras protagonistas, acabarán por impoñerse ao egoísmo e individualismo da sociedade en que vivimos.0