Outro segundo motivo contribúe a que saudemos e nos felicitemos pola aparición dun libro como este dada a necesidade que ten o país de que nel se fagan obras de temática universal e con pretensión de construír puntos de vista para a macroanálise que van máis alá da realidade galega. A violencia excedente, froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Bolonia nun congreso sobre a paz, non trata de todo o fenómeno da violencia, limítase a analizar toda esa agresividade desproporcionada e irracional que o autor, con metáfora expresiva e axustada cualifica de violencia excedente. O requintado rigor analítico co que está escrito, non debe facernos esquecer que estamos diante dun libro esencialmente político e que, por dereito propio, pertence a ese xénero tan escaso e necesario de ?literatura de combate?.
Marcial Gondar.
Premio a Crítica Galicia 2006