Libros > Tiempo Libre > Camiño de Santiago: Camiño do sueste, Vía da Prata : Road southeast, Silver Path
Portada de Camiño de Santiago: Camiño Do Sueste, Vía Da Prata : Road Southeast, Silver Path

Camiño de Santiago: Camiño Do Sueste, Vía Da Prata : Road Southeast, Silver Path

Autores:;
Categoría:Tiempo Libre
ISBN: 9788492958191
Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L. nos ofrece Camiño de Santiago: Camiño Do Sueste, Vía Da Prata : Road Southeast, Silver Path , disponible en nuestra tienda desde el 01 de Octubre del 2013. Amplia tus conocimientos con este libro de tiempo libre, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 112 páginas (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Camiño de Santiago: Camiño Do Sueste, Vía Da Prata : Road Southeast, Silver Path

Edición Bilingüe: Inglés, Gallego

Na primavera do ano 2010 a Universidade de Vigo, a través do seu Servizo de Deportes e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, organizou unha viaxe de peregrinación de Ourense a Santiago de Compostela seguindo o denominado oficialmente Camiño do Sueste-Vía da Prata.

O positivo da experiencia, a singularidade deste Ano Xacobeo ao ser o único desta década e a implicación da Provincia de Ourense nesta ruta que transcorre por vinte dos seus municipios, levou á Universidade en colaboración co Consello Social da Universidade de Vigo, a elaborar unha guía que reunira unha achega histórico-artística ao patrimonio cultural do camiño, cos coñecementos sobre metodoloxía tradicional de orientación e as técnicas máis novidosas neste campo (G.P.S., fotografía aérea e cartografía vectorizada 1:50.000 entre outras), todos eles elementos fundamentais para os peregrinos do século XXI.

Calquera lector atento terase decatado xa da prudencia con que esta publicación trata o nome do camiño, utilizando a expresión Vía da Prata unicamente cando se menciona a denominación oficial. Sen que isto supoña cuestionar a importancia histórica da vía que comunicou Sanabria —e polo tanto a Meseta— con Ourense, non debe esquecerse que este itinerario non aparece nas fontes medievais nin modernas como Vía da Prata, senón cos nomes de Verea Vella ou Camiño de Castela, entre outros. Por outra parte, a súa utilización como ruta de peregrinación a Compostela foi meramente anecdótica ata fins do século pasado. Sen embargo, a súa riqueza patrimonial e paisaxística, a súa popularidade e os servizos e infraestruturas que
ofrece, fan del unha excelente opción para quen queira coñecer algúns dos máis emblemáticos lugares da provincia de Ourense camiñando.

O camiño estrutúrase en nove etapas, artelladas en función da rede de albergues da Xunta de Galicia, con dúas variantes: para evitar o paso polo Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, a primeira, e para disfrutar da zona termal da ribeira dereita do río Miño, a segunda.

En cada etapa ofrécese unha aproximación aos monumentos ou enclaves que destacan pola súa importancia histórica, artística ou etnográfica. A única excepción é a da propia Compostela posto que, tendo en conta a súa riqueza patrimonial, as limitacións de espazo que impón o formato desta publicación e a grande cantidade e calidade dos estudos e guías publicados sobre a cidade do apóstolo, unha vez atravesada a Porta de Mazarelos unicamente se sinalan as rúas polas que se accede á catedral e os elementos máis salientables do templo.

Polo contrario Ourense convértese na peza clave deste libro ao dedicarlle o espazo necesario para percorrer algúns dos seus máis emblemáticos lugares e monumentos: as Burgas, a Ponte Vella, a Catedral, o Pazo Episcopal e algunhas rúas e enclaves do Casco Vello.

Coa publicación desta guía gustaríanos axudar a quen emprenda o camiño para que ao entrar en Santiago de Compostela sinta a satisfacción de ter alcanzado a fusión entre o esforzo físico e o enriquecemento cultural e poida, volvendo a vista ao camiño, contemplar a impronta das súas pegadas xunta ás das xentes que peregrinaron no pasado.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso