Argumento de Camariñas
o encaixe é unha "arte do pobo", unha arte popular, e Camariñas a vila mais representativa destes labores entre as nosas xentes da vella fisterra. Da man dos encaixes e das palilleiras o lector viaxará neste "Camariñas. Terra de palilleiras" pola memoria dun pobo da Galicia atlántica, estrema de Occidente, que soubo conservar vivos os seus costumes, as súas tradicións e unha maneira orixinal de ver e entender o mundo. Esta obra ofrece un amplo estudio de encaixes típicos, das camariñas e o ambiente da vila mariñeira e pescadora que lles deu nome. Non só nos brinda o coñecemento da arte de palillar, a súa leve evolución e historia,senón tamén a alma dun pobo aberto ó mar.