Libros > Literatura > Bhagavad Gītā
Portada de Bhagavad Gä«tä

Bhagavad Gä«tä

Autores:Vyasa;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788417388102
Rinoceronte Editora nos ofrece Bhagavad Gä«tä en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 21 de Noviembre del 2018. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 132 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Bhagavad Gä«tä

A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaa, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahābhārata foi tradicionalmente atribuída a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.

Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C.

A Bhagavad Gītā fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar Kṛṣṇa, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra.

Dentro desta colección de pequenas e grandes historias que é a Mahābhārata, a Bhagavad Gītā (A cantiga do señor), sempre tivo un lugar destacado. Xa fose polo seu papel como vehículo de propaganda da figura de Viṣṇu/Kṛṣṇa e do fenómeno devocional en xeral, pola súa relevancia como obra filosófica, ou polos seus valores culturais e espirituais dentro dun marco máis amplo, sempre gozou dunha sona e dun recoñecemento singulares.

Nos últimos dous séculos e a raíz da súa posta en coñecemento en Occidente, Bhagavad Gita ten reclamado a atención de todo tipo de lectores. Foi libro de referencia para Mahatma Gandhi e foi gabado por persoas como Aldous Huxley, Henry David Thoreau, J. Robert Oppenheimer, ou Carl Jung.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso