Argumento de Beixos de Lingua
Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»1