Argumento de Bcne26. C
A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta a historia dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falar nenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicación telegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmá Sophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas a medias polos alumnos de seu pai. Despois dunha estadía nun balneario centroeuropeo, Serge intervén na Primeira Guerra Mundial como observador aéreo. Cando o seu aeroplano é derrubado, é feito prisioneiro polos alemáns ata que, coincidindo co remate da guerra, logra fuxir. De volta a Londres, recrútano para unha escura misión en Exipto, onde chega a descender ás profundidades das tumbas dos faraóns. O texto de C forma un código no que cada parte é un sinal, a peza dunha narración tan rica en correspondencias coma un mundo cuxa interpretación non ten fin. A novela de McCarthy é unha das revelacións da narrativa contemporánea escrita en inglés.0