Argumento de Baldras, o Xigante
Xulián escoita dicir aos seus amigos na praza de Vilapedra, que un xigante está a achegarse á vila; uns din que traga lume, outros que é vermello, outros que é verde porque papa todo o lume, outros que as súas pegadas son tan fortes que retumba toda a terra. Mais Xulián, que de maior quería ser investigador, pensa que os xigantes non existen e para demostrárllelo vai na súa procura. Porén, cando o tivo diante quedou abraiado polo que estaba a ver. Baldras, o xigante é o primeiro álbum no que colaboran Iolanda Eiras e o ilustrador Francisco Bueno. Un álbum sobre a amizade e a diferencia. O libro inclúe un cedé no que a autora narra o conto sobre un fondo musical composto tamén por ela. Contido do CD de Baldras, o xigante: Música e letra: Iolanda Eiras Arranxos: Alfredo Susavila e Banda Artística de Merza Efectos e música interpretada pola Banda Artística de Merza Coro de nenos e nenas A Ferradura do CEIP Pío XII Técnico de son, gravación e mezclas: Pablo Barreiro Coa colaboración da Radio Galega Ambientación do texto extraído de fragmentos de música clásica.0