Libros > Atl (Ebook)
Portada de Atl (ebook)

Atl (ebook)

Autor:Manuel Lourenzo González;
Categoría:
ISBN: EB9788499146416
Edicions Xerais nos ofrece Atl (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 23 de Enero del 2014.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Atl (ebook)

Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, tamén as nosas perplexidades.Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido da creación literaria, mais un achegamento iluminado coas luces converxentes da historia e o mito, a ciencia e a intuición, a crónica e a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel, no que se lle outorga un forte protagonismo á política, ao desenvolvemento tecnolóxico, ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá, e que vén ser unha proxección inevitábel do mundo coñecido, asistimos a un demorado relato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non de todo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final.Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizante nunha novela clásica de acción, Atl aborda asemade unha revisión dos elementos máis comúns da ficción científica, dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente.Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera, velaí Atl, o continente perdido, esa historia que sempre volve.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso