Argumento de As Terceiras Mulleres
Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervención histórica das mulleres como "suxeitos". Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares. En As terceiras mulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidio nas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativa de concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seu dobre sentido de "xénero sexual" e "xénero literario". A misteriosa raíña de Mallorca, o poema "Dona Flamenca" de Álvaro Cunqueiro e a canción de temática amorosa composta e interpretada por mulleres cubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamento literario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursos filosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.0