Libros > As sete mortes de Leopoldo Pardo (Ebook)
Portada de As Sete Mortes de Leopoldo Pardo (ebook)

As Sete Mortes de Leopoldo Pardo (ebook)

Autor:Jorge Emilio Bóveda;
Categoría:
ISBN: EB9788491213062
Edicions Xerais nos ofrece As Sete Mortes de Leopoldo Pardo (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 18 de Enero del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de As Sete Mortes de Leopoldo Pardo (ebook)

Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia... Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas". «"As sete mortes de Leopoldo Pardo" é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do "Divino Sainete", unha homenaxe secreta á novela "Drácula", chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso