Argumento de As Pescadoras
As pescadoras é unha adaptación dun conto tradicional da India que destaca polo seu poder evocador dos sentidos a través da descrición de lugares, sons, aromas. Chama moito a atención a fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras: personaxes, obxectos e adornos elaborados con madeira, cartón, aramios ou elementos téxtiles, entre outros materiais. As protagonistas son sorprendidas por unha forte tormenta e atopan acubillo na casa dunha hospitalaria florista. Alí descobren que, ante o intenso olor a flores da habitación onde esta lles ofrece repouso, prefiren descansar ulindo a redes, peixes, algas e salitre.0