Argumento de Arquitecturas Da Mirada
O segundo libro da colección Corpo de letra sete ensaios arredor da mirada desde a composición e a mirada do espectador hoxe, ensaios nos que se analiza como ambas aas dúas miradas constrúen diversas arquitecturas no efémero.
Contruír ou mirar obra coreográfica é un intento continuo de crear espazos no tempo e o momento compartidos.É nese lugar intermedio entre a mirada do artista e a do espectador onde se abren outras perspectivas ao ollo, ao pensamento e á experiencia; onde a representación se converte en relación activa entre presenza, pensamento e acción; onde tanto a mirada do artista como a do espectador asumen unha relación de colaboración como editoras e compositoras e abren posibilidades a outros afectos, a outras politicas, a outras arquitecturas de relación, onde todo o que hai non se esgota no visíbel.0