Esta historia traslada unha vez máis á literatura
infantil a facilidade coa que pode perderse un
neno apenas se separan da man dos seus pais.
No entanto, se noutros contos o pequeno se
atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta
historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe
e coida a Karim como un máis dos seus fillos.