Argumento de Ao Outro Lado Da Esquina, Educación Primaria, 3 Ciclo (galicia). Libro de Lectura
Neste libro encontraredes catro contos
que falan de amor, de paz, de solidariedade,
nos que os personaxes son
rapazas e rapaces con problemas, dunha
idade similar e moi soñadores. Xoana,
unha nena que está nunha cadeira de
rodas, descobre o valor da amizade con
Xacobe, un rapaz marroquí; Antón, un
neno solitario, apréndelle a facer paxariñas
de papel a Sariña; e Alicia, unha
nena coxiña, atopa nun monicreque
cheo de vida e no seu dono a alegría de
vivir. Déixate levar pola fantasía e descubre
o que se agocha aló, ao outro lado
da esquina.1