Argumento de ángel Llanos, Fotógrafo
Ángel Llanos é o profesional vigués de máis longo percorrido na fotografía, á que se dedicou durante máis de oito décadas, dende que por primeira vez disparou unha cámara aos once anos. Mesmo durante a Guerra Civil mantivo a actividade, integrado no gabinete fotográfico do Corpo de Exército de Galicia. Ademais, o seu arquivo enriqueceuse coas placas herdadas do seu avó e do seu pai, pioneiros no mundo do retrato e a reportaxe. A historia de Vigo durante máis dun século foi plasmada en fotos por esta familia, material do que ofrecemos unha ampla mostra, xunto á biografía de Llanos, con moitos perfís de interese.0