Argumento de álvaro Cunqueiro
Cunqueiro, revelador de invencións certeiras, fabulador máxico de sereas, de máquinas e demos enfrontados, de todas as fábulas imposibles e reais. Cunqueiro en Mondoñedo, en Compostela e en Vigo. Don Álvaro ha encher Galicia, de flores e palabras, nesas primaveras para a lingua galega coas que el soñou. Del Riego ofrece a crónica da figura máis relevante da literatura galega contemporánea desde a amizade de toda unha vida forxada na defensa dunha idea común: o galeguismo.0