Libros > A visión do amor no cancioneiro de Don Denis (Ebook)
Portada de A Visión Do Amor no Cancioneiro de Don Denis (ebook)

A Visión Do Amor no Cancioneiro de Don Denis (ebook)

Autor:Leticia Eirín García;
Categoría:
ISBN: EB9788484873006
Laiovento nos ofrece A Visión Do Amor no Cancioneiro de Don Denis (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 20 de Noviembre del 2015.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Visión Do Amor no Cancioneiro de Don Denis (ebook)

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis Estudo e edición de 33 cantigas de amor Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fi xación textual, realizada seguindo as tendencias ?neo-lachmanianas? e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal. O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso glorioso patrimonio cultural e literario0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso