Libros de Xulio Xosé Pardellas de Blas
Portada de A Unión Europea

A Unión Europea

Autor:Xulio Xosé Pardellas de Blas;
Categoría:Proceso de construcción de la Unión Europea
ISBN: 9788497820806
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece A Unión Europea en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Diciembre del 2003. Este libro cuenta con un total de 224 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Unión Europea

Coordinado polo profesor Xulio X. Pardellas de Blás o presente volume proporciona arredor de catro grandes áreas e con análises diferenciadas (a historia, o dereito, a economía e máis a cultura) unha idea clara do presente e do futuro de Europa. Así, Luís Domínguez Castro, doutor en Historia e profesor titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, aborda o eido histórico na primeira parte do libro co traballo “Da pequena á grande Europa (1945-2004), onde se realiza un percorrido dende os pais fundadores e os comezos da integración europea e as Comunidades ata a análise dos procesos de de ampliación e o futuro da Unión Europea do novo século de vintecinco membros. No segundo, Noemi García Gestoso, doutora en Dereito e profesora do Departamento de Dereito Público da Universidade de Vigo, aborda as cuestións relacionadas co dereito, dende a estrutura orgánica e competencias da Unión Europea ás principais características do dereito comunitario. Xulio X. Pardellas de Blas, doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, aborda no terceiro capítulo os aspectos relacionados coa economía, analizando dende a perspectiva histórica da integración, os efectos das políticas comunitarias sobre os mercados agrícolas, pesqueiros, a reestruturación do tecido social, ás políticas destinadas á eliminación das desigualdades rexionais e ás características da Unión Monetaria. No derradeiro capítulo, Manuel González ...
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso