Libros > Ciencias Humanas > Geografía > A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
Portada de A Terra de Soneira no Corazón Da Costa Da Morte

A Terra de Soneira no Corazón Da Costa Da Morte

Autores:Xosé María Lema Suárez, , Xosé María Lema Suárez; Evaristo Domínguez Rial, , Xan Fernández Carrera; Roberto Mouzo Lavandeira, , Xosé María Rei Lema;
Categoría:Geografía
ISBN: 9788499141633
Ed. Xerais nos ofrece A Terra de Soneira no Corazón Da Costa Da Morte , disponible en nuestra tienda desde el 01 de Agosto del 2010. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 352 páginas .
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Terra de Soneira no Corazón Da Costa Da Morte

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas. ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso