Argumento de A Plástica Da Cultura Castrexa Galego-portuguesa
Importantísimo traballo adicado á arqueoloxía galega. O seu autor impúxose a tarefa da catalogación total das labras en pedra, figurativas, simbólicas ou decorativas, da nosa Prehistoria. Obra inxente pola dispersión dos materiais en museos e colleitas privadas, na longa área que, con rasgos comúns, abarca desde o Cantábrico a Lisboa. Admiramos a teimosía e o rigor do inquérito que requeriu o exame e o inventario de medio millar de pezas, a súa descripción, a sistematización das formas e o encadro cronolóxico. O libro é un catálogo de pezas significativas, pero asemade un inventario de perto de cen xacementos, coa referencia do historial das excavacións e da bibliografía básica, repertorio que deica agora non tiñamos e que vai ser da meirande utilidade para investigadores e mestres, e mesmo para os que gosten de segui-las rutas de antigüidade nas súas viaxes.0