Argumento de A Orde Do Día
A medio camiño entre a ficción e o relato histórico, A orde do dí ten como trasfondo a anexión alemana de Austria -Anschluss- en 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi.
A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo.
A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.0