Argumento de A Noite Das Bicicletas
Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre " Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa " Celífera " , progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca.
Precuela de " A filla do ladrón de bicicletas " , Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.1