A máscara de palma é o exótico obxecto que dá título a esta novela e que actúa como símbolo da peripecia vital que a protagonista, unha rapaza chamada Amalia, vive na Habana ao coñecer a un excéntrico artista cubano. Pezas clave desta novela non só para adolescentes son a arte, un misterio, a incerteza, se cadra amor. Nela, a cidade da Habana, coa súa mestura de maxestade e podremia, convértese nunha metáfora da complexidade do mundo e as motivacións humanas.