Argumento de A Fiestra Valdeira
Don Miguel é un mariñeiro, xa retirado, que volveu adiñeirado da emigración no Brasil. Encárgalle a un pintor que lle faga un retrato, no que aparece a fiestra. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, coma o dos xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home para aparentar unha riqueza vedraña e facilitar as relacións sociais da súa filla, mais don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.0