Argumento de A Elegancia Do Século
Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable. En cada poema atopamos lugares e personaxes recoñecibles, contemplados desde unha perspectiva próxima, nus ante a loita pola supervivencia. Son homes e mulleres cheos de valor e dignidade, persoas anónimas; pero conscientes, non derrotadas.
Este é un libro vital, un canto de esperanza, no que a tenrura e o humanismo conviven coa ironía, o xogo e a experimentación. Un poemario sereno e comprometido, onde as palabras, xustas e belas, conviven en harmonía. Ese é o sentido último da palabra poética, o gran valor de A elegancia do século.0