Cada verso reflicte o percorrido do autor na procura do verdadeiro amor, pasando polas distintas etapas: dende o vacio do amor ata a vivencia do amor correspondido no seu estado máis puro. A simbiose entre o artista ilustrador e o poeta amosa o enaltecemento da natureza e das paraxes das Rías Altas, un coas súas pinceladas e outro coas súas palabras.