Argumento de A Casa Da Luz
Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto. Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda ...0