Argumento de A Canción Do Verán
É esta unha viaxe polos mundos persoais e universais dos dous protagonistas do libro: Fandiño e o seu amigo Pacho Fontenla. Os dous homes, desde a pespectiva dos nosos días, da madurez e do tempo vivido, emprenden unha viaxe vital no presente e unha viaxe iniciática ás lembranzas dos anos mozos. A canción de verán, chea de músicas do pasado, é un mundo rico e reflexivo sobre outro tempo de clandestinidades, utopías, amores furtivos e esperanzas propias dunha xuventude e dunha xeira irrepetible.0