Argumento de A Boneca e a Castañeira
Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e unha
boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos.
Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda
de xoguetes e, entre o ir e vir da xente que merca
regalos, non pode deixar de mirar a boneca de
porcelana do escaparate.
Nunha época onde nos vemos desbordados pola
publicidade e os nenos piden como agasallo o que
ven nos anuncios, esquecemos que o valor dun
xoguete está na súa capacidade para facernos
soñar, máis que no seu valor económico.0