Argumento de A Amiga de Osiño
Encuadernación: Cartoné
A finais dos anos 50 do século pasado, Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak comezaron a publicar os títulos dunha serie que, case seis décadas despois, segue conservando o encanto
e a tenrura dos contos de antano, reforzados polo estilo
dos antigos gravados, aderezados con suaves pátinas de cor.
"A amiga de Osiño" conta a ilusión que este entrañable personaxe humanizado experimenta ao coñecer a Emilia, con quen comparte paseos, charlas e feestas con outros habitantes do bosque,
ata o momento de tristeza no que teñen que separarse
ao final do verán.0