Libros > Laura no deserto (Ebook)
Portada de Laura no Deserto (ebook)

Laura no Deserto (ebook)

Categoría:
ISBN: EB9788498658705
Editorial Galaxia, S.A. nos ofrece Laura no Deserto (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 27 de Abril del 2012.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Laura no Deserto (ebook)

A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso